Acrobacias e ritmo na praza da Peixería

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

A Primeira Liga Galega de Break celebrouse na Peixería

20 jun 2021 . Actualizado a las 13:13 h.

Breakers de distintos municipios da provincia desembarcaron onte en Vilagarcía para participar na Primeira Liga Galega de Break, organizada polo colectivo Vella Escola-Cultura Urbana e a Xunta de Galicia. O tempo obrigou a cambiar o emprazamento da cita, que se desenvolveu na praza da Peixería, onde un nutrido grupo de espectadores puideron seguir as coreografías cheas de volteretas e acrobacias a ras do chan. A competición ten por diante novas paradas en localidades como Viveiro, Lalín e A Coruña. Con esta acción preténdese dar proxección a esta disciplina na que a arte e o deporte se mesturan.