Podemos denuncia que se manteña pechado o Museo do Ferrocarril

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

OSCAR VíFER

María de la O Fernández González repróchalle a Alberto Varela a situación de Vilagarcía mentres outros concellos reabriron os seus museos

11 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Podemos vén de rexistrar unha pregunta sobre os plans do goberno de Vilagarcía para o Museo do Ferrocarril de Vilagarcía e «sobre os contactos mantidos ao respecto durante a celebración de FITUR, tal e como indicaron en abril fontes do propio goberno». María de la O Fernández González repróchalle a Alberto Varela que «mentres outros concellos inauguran museos, Vilagarcía os mantén pechados». Continúa María de la O Fernández sinalando que «os case dous anos que leva pechado o MUFEVI reflicten a falta de compromiso do PSOE coa cultura e patrimonio locais».