Vilalonga e Juventud xa coñecen rivais e calendarios cara a gloria

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O equipo celeste pelexará desde este domingo e durante as catro fins de semana de xuño por ocupar un dos dous ascensos desde o Grupo Sur

01 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O formato da Liga de Preferente Galicia para vadear a pandemia demostrou o seu atractivo para as afeccións cunha derradeira xornada no Subgrupo Sur C que clasificou o Vilalonga para a fase de ascenso como subcampión grazas ao seu triunfo sobre o Gran Peña, 1-0, e o Juventud Cambados para a fase pola praza galega na previa da vindeira edición da Copa del Rey logo de rematar cuarto e que o Pontevedra B, vetado na competición do k.o. na súa condición de filial, non poida aspirar ao premio. Onte a Federación Galega de Fútbol fixo públicos os novos cadros de competición para ambos os dous equipos arousáns.

O Vilalonga pelexará desde este domingo e durante as catro fins de semana de xuño por ocupar un dos dous ascensos desde o Grupo Sur, que comparte cos campións Atlético Arnoia (Subgrupo Sur A), Barbadás (B) e Gran Peña e mais cos segundos Juvenil Ponteareas e Cultural Areas. Os campións parten con 3 puntos e os segundos con 1. O Vilalonga xogará as dúas primeiras xornadas -de catro- nos campos dos equipos de Ponteareas e os dous últimos en San Pedro co Atl. Arnoia e Barbadás.

O J. Cambados recibirá o día 13 o Polígono San Ciprián e o 20 visitará o Caselas para gañarse un posto na final co vencedor do outro grupo de terceiros.