Pejete, adeus a un dos homes que botou o piragüismo arousán á auga bautismal

p.p. vázquez VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

31 may 2021 . Actualizado a las 21:52 h.

Non eran seus ningún dos brazos que desde hai unha década somerxen as pas de canoas e caiacs co nome do Náutico O Muíño nas grandes citas internacionais de pista. Pero só grazas ao traballo e ao esforzo dos brazos de José Jorge Abalo, Pejete, e daquel pequeno grupo de pioneiros do piragüismo do Salnés que a finais dos 70 fundaba O Muíño, Ribadumia é hoxe unha das ricas fontes das que bebe a selección española. 

Pejete faleceu deixando nos seus compañeiros de club o recordo dun home amante do seu deporte, ata o punto de retomalo a mediados da pasada década para volver gozar de vez en cando de experiencias como a Baixada do Umia ou o Descenso do Sella. Co ex presidente do club Rafael Louzán como compañeiro de barco, que onte vía marchar a «unha persoa dunha calidade humana extraordinaria, entrañable, cariñosa e voluntaria para todo»,