Venres gratuíto para coñecer os lugares e a cociña da Illa da man da mancomunidade

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

As casas modernistas son un exemplo de rehabilitación
As casas modernistas son un exemplo de rehabilitación MONIA IRAGO

O prazo para a inscripción nesta actividade conclúe este xoves

27 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Se hai un concello que posúa unha identidade marcada na ría de Arousa, este é sen dúbida o da Illa. A colaboración do seu Concello coa Mancomunidade do Salnés ofrecerá, mañá, un evento que permitirá coñecer os seus recunchos máis emblemáticos e degustar a cociña tradicional. Un paseo arredor da cultura mariñeira suma o talento dos obradoiros de emprego de promoción turística e hostalería que impulsa o ente mancomunado para que os participantes gocen de balde da cultura e a gastronomía do municipio, con todas as garantías sanitarias.

Por unha banda, os alumnos de promoción turística guiarán un percorrido dunha hora por lugares como o Centro de Interpretación da Conserva ou o porto do Xufre. Haberá dúas quendas, que partirán dende o Peirao de Pau ás 10.30 e ás 12.30 horas. Pola súa banda, os estudantes de hostalería levarán a cabo unha demostración de cociña a base de receitas vinculadas aos produtos do mar. Os inscritos poderán levar as preparacións elaboradas en recipientes de take away. Unha advertencia importante: a data límite para se anotar é este xoves, día 27, polo que a mancomunidade anima aos interesados a rexistrarse sen demora.