Daniel Vicente, no grupo de deportistas de alto nivel español de salvamento

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

O alevín Pedro Costa, tamén do CNS Vilagarcía, foi incluido no de seguimento 

26 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O C.N.S. Vilagarcía informou onte de dúas excelentes novas referentes a outros tantos dos seus deportistas. A inclusión do júnior Daniel Vicente, de 16 anos, no grupo de deportistas de alto nivel de salvamento da Real Federación Española de Salvamento y Socorrismo. E do alevín de 13 anos Pedro Costa no grupo de seguimento da Federación Galega de Natación.

No caso de Daniel Vicente, explican desde o seu club, o arousán pasa a figurar nunha listaxe de quince especialistas da que se tirará para a elaboración das diferentes convocatorias de actividades do equipo nacional de salvamento e para as súas competicións internacionais.

Tras unha excelente tempada de piscina, na que bateu varias marcas galegas, o que rematou por levar a Daniel Vicente ao grupo de deportistas de alto nivel estatal foron os seus dous podios na recente Copa de España coa que se abriu a tempada de praia: ouro en ocean e prata en nadar surf.