Inma López Silva: «Hai que superar xa a fase de Otero Pedrayo»

Carlos Punzón
carlos punzón REDACCIÓN / LA VOZ

AROUSA

Oscar Vázquez

Advirte que os valores da cultura galega mudaron, aínda que segue a ser menos comercial que a española

23 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Filóloga por amor á literatura. Galega militante. De esquerdas por convicción. Feminista radical. Inma López Silva (Santiago, 1978) retrátase en cada xiro da conversa, ispe o seu pensamento cun sorriso. «Son unha muller feliz. Pódense atopar boas vivencias en calquera sitio».

Constrúe o seu presente investigando no seu pasado. A vida do avó Avelino é o labirinto no que ten metida a cabeza para a súa próxima obra, una novela ou ensaio de ficción persoal e familiar levantada sobre a figura dun home, un mestre que de sancionado polo franquismo pasou a ser alcalde nun salto que trata de desentrañar rompendo os silencios que tantas familias teñen deixado atrás.

Inma López Silva encadea á palabra literatura termos como paixón, pracer ou amor. Sénteos por ler, pero tamén por saber. Da filoloxía inicial, na que chegou ser doutora, reorientou a súa mirada cara a teoría da literatura. «Aí están as chaves para formar escritores», sente. Quizais por iso imparte agora Teoría do Teatro na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia en Vigo. Na procura das raíces semella pensar que está o valor do que lle apaixona. O teatro é outro dos canles polos que flúen as súas sensacións