A veciñanza de Vilaxoán sairá á rúa o vindeiro sábado para pedir máis servizos

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A protesta será ás 19 horas na praza de Galicia

22 may 2021 . Actualizado a las 21:00 h.

Veciños de Vilaxoán convocaron unha mobilización para o vindeiro sábado, 19 horas, na praza de Galicia, con fin de protestar polo recorte de servizos que se está vivir neste núcleo do municipio. Lerase un manifesto a prol da recuperación dos servizos como o consultorio médico, Correos -a piques de pechar- e a sucursal de Abanca, asinado por medio cento de entidades culturais, deportivas, asociativas, empresas e autónomos.

A asociación levou a cabo unha recollida de sinaturas, que xa foron entregadas na oficina de Abanca esta semana, e seguirá con esta campaña co fin de acadar o maior número de apoios posible á súa reivindicacións.

Así se acordou na asemblea celebrada o venres no río co fin de concretar a folla de ruta para os vindeiros días. Vilaxoán reclama unha maior atención dos poderes públicos tendo en conta o seu número de habitantes e a súa importancia no tecido social de Vilagarcía.