Amigos de Galicia homenaxeará a Paco Fernández o día 17 no Carreirón

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A Fundación realizará unha ofrenda floral e a lectura dun poema, que permanecerá no lugar coa instalación dun monolito

13 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Amigos de Galicia tributará o vindeiro luns 17, Día das Letras Galegas, a súa homenaxe póstuma a Paco Fernández, director de Cáritas Arousa e patrono da Fundación ata o seu recente pasamento. Faráo no Parque do Carreirón da Illa de Arousa, lugar onde foi atopado o seu corpo sen vida o 12 de abril. Ás once e media da mañá faráse unha ofrenda floral, nun acto no que Emilio Santasmarinas recitará un poema que lle dedicou a Paco Fernández e que será perpetuado no lugar nun pequeno monolito de pedra na súa memoria e a do papo rubio, paxaro que visitaba todos os días.