Veciños de Vilaxoán recollen sinaturas para que Abanca manteña a súa sucursal

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Ademais, repartiron follas de reclamación a título individual que, como as firmas, serán entregadas o venres nas oficinas centrais da entidade

12 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A plataforma Esperta Vilaxoán recolleu onte sinaturas para expresar o rexeitamento da veciñanza fronte ao peche da sucursal de Abanca de Vilaxoán. Ademais, repartiu follas de reclamación a título individual que, como as firmas, serán entregadas o venres nas oficinas centrais da entidade.

Esta iniciativa súmase ás accións convocadas pola CIG para tentar que a entidade bancaria manteña as sucursais de Vilaxoán e Carril. O PP de Vilagarcía tamén expresou a súa preocupación por este tema. En Valga foron máis alá, e os tres grupos políticos da corporación acordaron remitir un escrito a Abanca solicitando a súa oficina no municipio continúe operativa.