A Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá un concerto no auditorio de Valga

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

A cita será o 20 de maio, e as entradas xa están á venda

11 may 2021 . Actualizado a las 22:43 h.

O Auditorio Municipal de Valga recibirá neste mes de maio á Orquestra Sinfónica de Galicia, que ofrecerá un concerto nas instalacións de Cordeiro o vindeiro día 20. As entradas para o evento, que empezará ás oito da tarde, xa están á venda a través da plataforma Ataquilla.com. A agrupación estará dirixida por José Trigueiros e contará coa frauta solista María José Ortuño. O programa que interpretarán estará integrado polas seguintes obras Petite Suite, de Claude Debussy, Concerto para frauta, de Jacques Ibert e Sinfonietta, de Francis Poulenc.

Creada en 1992 polo Concello da Coruña, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España. Foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart de A Coruña dende a súa creación. Ademais, a súa presenza nacional e internacional ten sido constante, con concertos nas mellores salas de España e varias xiras por Alemaña e Austria. En 2007 realizou unha xira por América do Sur ?con concertos en Chile, Arxentina, Brasil, Uruguai e Montevideo?, a finais de 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena e en 2016 ofreceu concertos nos Emiratos Árabes.