O campo de Meis organiza un torneo solidario a prol de Esperanza Salnés

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

A súa Fundación ofrece colaborar con asociacións e con colexios

05 may 2021 . Actualizado a las 09:26 h.

A Fundación Monte Castrove, propietaria do campo de golf de Meis, organizará o sábado día 15 un torneo solidario a prol da oenegué cambadesa Esperanza Salnés. Faráo coa colaboración do club local, Chan do Fento, e co patrocinio da Mancomunidade do Salnés, na que é a primeira acción dunha nova etapa na que os responsables da Fundación, co seu presidente, José Ramón Vidal, á cabeza, queren abrir o campo ás comarcas do Salnés e de Pontevedra. Concretamente, aos concellos que no seu día apoiaron a construción da instalación.

Sobre o torneo solidario, nace con vocación anual e a intención de dedicar a súa recadación a unha entidade social diferente en cada nova edición. Este ano os golfistas con carné do campo meisino deberán pagar 20 euros de inscrición, polos 30 dos que non o sexan. Con dous cadros de competición en función do hándicap.

A Fundación quixo aproveitar o acto de presentación do torneo para, ante a presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e concelleiros de varios dos municipios que integran o padroado do ente, anunciar unha liña de accións destinadas a «promover o golf entre as nosas comarcas e facerlles un recoñecemento aos concellos que fixeron posible o campo». Con tal fin, facilitaránlles clases de iniciación a asociacións e oenegués, pero tamén aos centros educativos da contorna a prezos simbólicos; tamén ás empresas da zona, neste caso con ofertas de clases de iniciación a 10 euros por persoa.

Isabel Baliñas, nueva presidenta de Esperanza Salnés

La Voz

Isabel Baliñas Rodiño se estrenó ayer como presidenta de la asociación Esperanza Salnés, con motivo de la presentación de un torneo de golf que se va a celebrar el sábado 15 de mayo en Meis para recaudar fondos para la asociación. Isabel Baliñas sustituye en el cargo a Augusto Chaves, que, hasta la fecha compatibilizaba este puesto con el de gerente de la asociación, y llega con el objetivo de mantener una entidad que sufre recurrentemente problemas de liquidez.

Seguir leyendo