A Deputación financia con 74.181 euros varios programas e actividades en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Entre eles atópase a cuarta edición do festival internacional Clasclás de música clásica

28 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación de Pontevedra vén de confirmar a concesión das subvencións solicitadas polo Concello de Vilagarcía ao abeiro do Plan Concellos 2021 para o financiamento de gastos de diversos departamentos e servizos municipais. A suma das axudas concedidas ao abeiro da liña 2 do Plan, a destinada ao financiamento de amortización, pagamento de débedas e gastos correntes, ascende a 74.181 euros.

A contía maior correspóndese coa achega para financiar a cuarta edición do Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía, o Clasclás, que organiza o Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía en colaboración co Concello, e que ascende a 30.000 euros. A maiores, o Conservatorio tamén recibe unha subvención de 18.181 euros para financiar gastos de limpeza e consumo de enerxía eléctrica.

Ravella recibirá tamén unha achega de 10.500 euros para financiar un programa de fomento da igualdade de xénero nos ámbitos da formación para o emprego e da cultura, á que o Concello sumará 1.500 euros máis para completar o orzamento. E para o financiamento dos gastos de limpeza da Escola Municipal de Música Bernardo del Río, o organismo provincial concede 9.500 euros. A subvención da Fundación Municipal de Deportes ascende a 6.000 euros.