C.D. Ribadumia e Arousa adiantan ao sábado os seus partidos de Liga

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O partido na Lomba será ás cinco, e na Senra ás seis

22 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O fútbol arousán de Terceira adiántase esta semana 24 horas, da tradicional xornada de domingo á tarde do sábado. Co Arousa sendo o primeiro en entrar en acción. Disputándolle desde as 17 horas no céspede da Lomba ao Polvorín , o filial do C.D. Lugo, o terceiro posto da fase polas dúas prazas de ascenso directo á futura nova Segunda División R.F.E.F. O Polvorín suma hoxe un punto máis có Arousa na táboa, 48 por 47.

O C.D. Ribadumia iniciará unha hora despois, ás 18 no Campo Municipal da Senra, o seu choque co líder da fase pola permanencia na Terceira, o Arzúa. Faráo despois de caer 1-0 o pasado domingo cun Viveiro empatado a puntos co Arzúa. O cadro aurinegro adianta o seu choque desta semana ao fixar para as 20 horas do vindeiro mércores, día 28, o seu partido aprazado o pasado día 11 na Senra co Estudiantil por casos de covid-19 no seu rival.