O Arousana segue tentando aferrarse á categoría cun triunfo en Castro

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Tres tantos de Belén sentenciaron o partido

20 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O terceiro gol de Belén no partido no minuto 73 rematou dándolle o domingo o triunfo ao Atlético Arousana na súa visita ao Castro de Castro Urdiales. Un encontro de alternativas no marcador, co cadro local, que optou pola busca do triunfo ben ordenado en espera do rival, adiantándose ao cuarto de hora da man de Vanessa.

Os dous primeiros tantos de Belén, nos minutos 29 e 40, permitíronlle ao Arousana chegar por diante ao descanso. Mais unha falta lateral deulle a oportunidade ao Castro de restablecer a igualada nos primeiros compases da segunda metade. Un resultado que non lle valía ao cadro vilagarcián, máis tratándose o Castro do pechacancelas, ao precisar practicamente facer pleno de vitorias de aquí ao final da fase de permanencia para soñar con evitar o descenso da Primera Nacional Femenina.

Con este resultado, o Arousana aparece noveno e antepenúltimo na clasificación con 13 puntos, 6 menos có Sporting de Gijón B, sexto.