A firma da rede de ADSL no Brexo recoñece a unha usuaria unha avaría masiva na zona

A avaría mantén desde hai xa máis dunha semana sen conexión os veciños do barrio cambadés


cambados / la voz

A avaría que mantén desde hai xa máis dunha semana sen conexión por ADSL os veciños do barrio cambadés do Brexo continuaba onte sen solución. Afectado desde o pasado luns, Juan Fariña Hermida, que desde a rúa Vicente Risco facía público o problema a través de La Voz de Galicia e comunicándollo ao Concello para que tomara cartas no asunto, atopouse con máis do mesmo: «Hoxe -por onte- chamáronme de novo da miña compañía para dicirme que a firma titular da infraestrutura do ADSL na zona estaba a traballar no asunto e que pola tarde debera ter reestablecida a liña. Iso mesmo me levan dicindo desde o mércores pasado». Contra as nove da noite confirmaba as súas sospeitas, nada de nada un día máis, e xa van nove: «Un cachondeo».

A alerta realizada o luns desde o Concello advertindo do problema a través da súa conta de Facebook e animando a calquera afectado a dirixirse á compañía titular da infraestrutura do ADSL no Brexo tivo como resultado o afloramento de novos casos con nomes e apelidos. Como o de Leonor Muñiz, veciña da Avenida de Castrelo. No seu caso, cliente da mencionada firma dona da rede -Fariña éo dunha diferente que tira desta-. Preguntada a compañía en cuestión por este xornal, onte non tiñan constancia de ningunha avaría global no barrio cambadés, cousa que si lle confirmaron a título individual a Muñiz.

«Eu teño a avaría desde o martes da semana pasada. Primeiro dixéronme que debía de ser do router. Mandáronme outro o xoves e a avaría seguía», conta Muñiz. E vendo que o luns e onte a cousa non cambiaba, e que as súas consultas ao número de asistencia técnica da súa compañía se saldaban cunha voz grabada informándolle de que «había unha avaría rexistrada asociada ao meu número», a cambadesa probou a chamar ao departamento comercial. E aí si. «Confirmáronme que hai unha avaría masiva na zona, da que tiñan constancia desde hoxe».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A firma da rede de ADSL no Brexo recoñece a unha usuaria unha avaría masiva na zona