«Pinocchio» este domingo no ciclo teatral de Cambados

B. C. CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

cedida

A función será ás 18 horas no auditorio

09 abr 2021 . Actualizado a las 09:56 h.

Volve o teatro familiar este domingo ao auditorio de A Xuventude de Cambados coa obra Pinocchio, de Ghazafelhos, unha posta en escena que, a través de monicreques, teatro e música en directo, conduce a unha aventura chea de humor e sensibilidade. A vindeira semana, o día 18, será a quenda de Elefante Elegante, con Patapatúm, espectáculo de teatro visual sen palabras que ofrece unha reflexión sobre o tempo, a infancia e como se enchen os baleiros das ausencias. E o día 25 deste mes chega o novo circo da man de Galitoon con The show moscón e o domingo 2 de maiio pechará o ciclo Producións teatrais excéntricas con Cartoons. A cita é ás 18 horas con entradas a 3,50 e 2,50 euros en tarifa reducida. O aforo está limitado a 60 persoas como consecuencia del covid-19. La venta de entradas realizase de forma anticipada na sala Torrado e no propio auditorio unha hora antes de representación.

O Concello de Cambados ofrece esta programación grazas á súa participación na Rede Galega de Teatros e Auditorios e a colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).