A vitoria do Avia en Redondela endurece o camiño do Asmubal Meaño

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O cadro de Camargo, o principal rival do Asmubal na pelexa por quedar a lo menos un chanzo por enriba do antepenúltimo posto da clasificación final

09 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Á mesma hora na que debería de ter disputado o seu partido de Liga na cancha do Balonmano Salud Tenerife B, as integrantes do Asmubal Meaño contemplaban vestidas de civil un resultado cando menos curioso. Non tanto pola vitoria a domicilio do cuarto clasificado pola cola, o HBC’74 Avia IEN, na sempre difícil cancha redondelá dunha S.A.R. Rodavigo na metade da táboa do Grupo A da División Honor Plata Femenina; como sobre todo, polo pobre marcador final: 13-18. Cinco goles de diferenza que xa campaban no marcador do pavillón La Bombonera ao descanso, 5-10.

 A cuestión é que, con este resultado, o cadro de Camargo, o principal rival do Asmubal na pelexa por quedar a lo menos un chanzo por enriba do antepenúltimo posto da clasificación final, xa ten 3 puntos máis có equipo meañés. Certo é, este último con dous partidos menos, suspendidos por casos covid, nas canchas do Gijón, o 20 de marzo, e o sinalado co Tenerife B, por fixar. Iso, á marxe das cinco xornadas ordinarias que restan de Liga.