Un libro percorre a historia dos Encantiños do Umia


vilagarcía / la voz

O libro ía ser un complemento do documental que o neto dun dos membros dos Encantiños do Umia ía facer sobre o seu avó e, por lóxica extensión, sobre os gaiteiros que lle puxeron música ao país a partir dos anos corenta do pasado século. Finalmente, o documental terá que agardar -moitos avatares impediron que estea listo-, pero o libro xa foi editado e presentado. Poderá adquirirse en varias librarías e tamén a través da conta de correo de O Faiado da Memoria. Nesta obra, Carlos Rey fai un repaso pola historia do grupo, que cambiou moitas veces de percusionistas pero no que os gaiteiros foron, durante case 70 anos, os mesmos, Manolo Jamardo e Francisco Santalla. Rey, que os coñeceu ben, que tocou con eles, e que recolleu moitas das conversas mantidas, dálles voz en primeira persoa e logo aborda a súa importancia e o seu contexto con algúns dos seus coetáneos. Cristian Silva, por último, fai unha análise musical do traballo dos Encantiños.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Un libro percorre a historia dos Encantiños do Umia