O Cortegada enlaza dous triunfos por primeira vez e pon terra de por medio co descenso

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

As de Javi Nogueira dispoñen agora dun colchón de 3 vitorias sobre o peor penúltimo dos tres grupos da LF2

16 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

As xogadoras da Agrupación Deportiva Cortegada deixaran unha excelente imaxe no derbi da semana anterior ante o C.B. Arxil, trasladada ao electrónico do Pavillón Municipal Número 1 de Fontecarmoa no 58-40 final co que poñían fin a unha xeira de cinco derrotas e lles concedía o basketaverage definitivo ás de Javi Nogueira nun hipotético empate na clasificación final co cadro do Lérez. Sete días despois tocaba recibir, no mesmo escenario, a un dos equipos que están a pelexar polas prazas de fase de ascenso. Con tal subida da aposta e sen o plus anímico da rivalidade veciñal elevada a bordo do mesmo bote salvavidas que trata de fuxir do naufraxio, había dúbidas de como podería respostar o conxunto vilagarcián ante o GDKO Ibaizabal o pasado sábado. Corenta e cinco minutos despois, ao termo dunha prórroga, o 75-72 definitivo resolveu a pregunta.

Liderado novamente por unha Sara Gómez cada vez máis preto da súa mellor versión, máxima anotadora da última xornada nas tres conferencias da Liga Femenina 2 cos seus 27 puntos en 44 minutos en pista máis 7 faltas recibidas, á par dunha Patricia Vicente cun dobre-dobre de 11 puntos e 11 rebotes máis 6 faltas recibidas en 40 minutos de xogo, a A.D. Cortegada conseguíu encadear dous triunfos por primeira vez no que vai de tempada.

Co seu golpe sobre o Ibaizabal as de Javi Nogueira chegan ás 5 vitorias, o que unido ao tropezo semanal de todos os seus rivais directos agás o Maristas, 72-64 sobre o Barakaldo, permítenlle atrapar na clasificación o ADBA, Rosalía e Arxil. Ademais, deixando a este último por debaixo nunha penúltima praza cun descenso en xogo entre os tres que a ocupen nos outros tantos grupos da LF2 ao termo da fase regular da Liga. E aí vén outra gran noticia. O Cortegada dispón xa dun colchón de 3 triunfos sobre o neste momento peor penúltimo da categoría, o Tecnigen Sevilla (Grupo B).

Nogueira sinalaba onte que as dúas vitorias consecutivas por primeira vez no curso «suponen reafirmarnos en la línea del trabajo de la semana anterior. La llegada de Mercy -Wanyama- y la recuperación de María -Centeno- nos han dado un plus».