«O deporte é seguro e necesario», claman á Xunta os clubs forzados a volver confinarse

AROUSA

Club Kenpo Vilagarcía

As entidades salientan a trascendencia física e psicolóxica da súa actividade ante a pandemia

24 feb 2021 . Actualizado a las 20:02 h.

«O deporte é seguro. E os nenos e nenas precisan realizar actividade física, neste momento máis ca nunca. Xa non só por motivos de saúde física, que é obvio e está demostrado, senón tamén por unha cuestión de saúde mental e de desconexión da época tan difícil que están pasando». As palabras de Erea Hierro, voceira do Club Baloncesto Vilagarcía, son practicamente intercambiables co parecer da inmensa maioría dos responsables dese grupo de clubs que na comarca venceron o medo en tempos de pandemia para tentar contribuír a facer máis humana a nova normalidade, cos seus deportistas máis novos ocupando o primeiro plano dos seus desvelos. Grupos de directivos, de técnicos e de colaboradores que levan meses traballando coma nunca para, mesmo indo máis aló das sucesivas normativas e dos protocolos esixidos polas autoridades sanitarias e polas federacións, crear burbullas que, subliñan, resultaron seguras para quenes as compartiron, e que agora desaparecen por decisión da Xunta a lo menos as vindeiras tres semanas co groso dos afectados discrepando diametralmente do criterio do goberno autonómico á hora de soster o beneficio das restricións case totais ao deporte federado.

«Durante todos estes meses seguimos estritamente todas as medidas impostas polo Goberno, pola Xunta e polo Concello para realizar a nosa actividade con total seguridade, readaptándonos a cada cambio normativo, con cero contaxios», sinalan desde o Cebé, con máis dun cento de deportistas de base adestrando desde o verán e empezando a competir progresivamente desde setembro.

«A actividade deportiva é saúde para afrontar unha situación deste tipo. Unha actividade que algúns están valorando se esencial. Contribúe á estabilidade e desenvolvemento físico e psíquico. E é unha actividade segura, na que non se producen casos de contaxios», di Fernando Vicente, presidente do Club Natación e Salvamento Vilagarcía.

«Reabrimos en junio y no hemos tenido ningún contagio», conta Mario Hermo, director técnico e presidente do Kenpo Vilagarcía. «Yo recibía a mis alumnos en la entrada de la instalación y los llevaba a su zona de entreno, siempre la misma con los mismos compañeros, con el tatami parcelado. Podría tener a 20 chavales al mismo tiempo antes de la anterior restricción y tenía 12. Redujimos las clases de 1 hora a 45 minutos para ventilar y desinfectar la sala...». Un protocolo propio máis esixente que o de obrigado cumprimento xeral que requiría de Hermo «trabajar muchas más horas porque tienes muchos más grupos». Un esforzo que, entende, resultaba e resulta máis necesario ca nunca, incidindo na idea exposta desde os clubs veciños de baloncesto e de natación: «Los chavales vienen ahora súper estresados. Al final en los clubs es donde se socializan un poco. Y donde mejor pueden estar es con un monitor bajo su supervisión».

Máis contundente se manifesta Luis Treviño, coordinador deportivo da Escola Deportiva Arousa, club de fútbol base: «Las nuevas restricciones son un atentado público hacia la salud y el bienestar. Todo lo que sea limitar o prohibir la actividad física es un retroceso en el desarrollo y formación de las edades tempranas y una contribución a una sociedad sedentaria y enferma».

«No atletismo que saibamos non houbo ningún gromo nin en grupos de adestramento nin por competicións», sinala a presidenta da Mazí. Seguimos normas estritas no tocante ao desenvolvemento da actividade, mesmo ás veces máis do que nos pedían. O deporte non só é necesario fisicamente, tamén para a saúde mental». Verónica Cores conclúe coa seguinte reflexión: «O deporte é saúde, e trátase de coidar a saúde en tempos de pandemia, ¿non?».

«Isto demostra a falta de coñecemento dos técnicos autonómicos»

Os padexeiros a partir de idade cadete seguen a poder adestrar con relativa normalidade por canto teñen regatas de categoría nacional, franxa eximida das novas restricións da Xunta. Con todo, no Náutico O Muíño de Ribadumia decidiron parar toda actividade ata o vindeiro mércores para «protexérmonos todos en plena terceira onda e tamén para que se aclaren as autoridades xa que cada dous días están cambiando a normativa». O director do club, José Manuel Vázquez, afirma que as novas restricións «demostran a falta de coñecemento dos técnicos deportivos e sanitarios da Xunta sobre o deporte. O deporte é vida e seguro».