Encontro de tres puntos para o Asmubal ante o pechacancelas

As de Juan Costas reciben esta tarde o Lavadores


vilagarcía / la voz

Pechaba a semana pasada o Asmubal Meaño fuxindo da última posición da táboa coa súa terceira vitoria da tempada. Esta tarde, no Pavillón Municipal de Coirón, o cadro que dirixe o vigués Juan Costas recibe ás 19.30 horas o principal damnificado da súa escalada na clasificación. Un Lavadores Vigo que chega a Meaño co cartel de pechacancelas.

Con tan só 4 puntos, e a posibilidade de recuperar os 2 cos que foi sancionado no seu día pola Federación por negarse a viaxar na primeira semana da Liga a Canarias nun momento de moitas dúbidas ante a segunda onda da pandemia, o Lavadores preséntase ante o Asmubal reforzado o pasado Nadal con dúas xogadoras veteranas, a lateral dereita Sandra Costas e a pivote Erika; esta última, integrante do cadro meañés na súa primeira experiencia en Prata.

Coas dúbidas das extremos Sabela e Andrea Cores, Costas agarda un rival en 6-0 que prefire correr por falta de lanzamento exterior, pero que se manexa ben no un contra un.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Encontro de tres puntos para o Asmubal ante o pechacancelas