Segundo triunfo da tempada do Asmubal, 33-29, ante o Tenerife

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

RAMON LEIRO

O cadro meañés repúxose dunha primeira parte irregular para dominar a segunda parte. Hoxe parte ás seis e media da mañá para xogar ás 13.30 en Oviedo

10 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Curto de efectivos, fronte a un rival, o Salud Tenerife, que certo é viña de xogar o día anterior en Siero, Asturias, o Asmubal Meaño colleitaba a primeira hora da noite de onte o seu segundo triunfo da tempada, 33-29 en Coirón. Fíxoo sendo quen de asimilar a folla de ruta trazada no descanso por Juan Costas, de volta ao banco meañés desde a semana anterior relevando ao dimitido Luis Montes, para endereitar o rumbo logo dunha primeira parte de alternacias no marcador.

Foi así como en dez minutos o Asmubal convertía no segundo tempo un 14-16 de saída nun 19-18, manexando vantaxes de 2 tantos que o Tenerife ía anulando unha e outra vez. Ata que as locais se foron definitivamente a falta de 6 minutos. Hoxe ás 6.30 da mañá parten a Oviedo para xogar ás 13.30 o seu último partido aprazado da primeira volta.