Luis Montes dimite no Asmubal, que esta tarde xoga co Carballal con Costas de volta ao banco meañés

A directiva atribúe a marcha do técnico pontevedrés a un desencontro entre ambas partes, pero desfaise en eloxios cara o seu xa ex adestrador


vilagarcía / la voz

O Asmubal Meaño xoga esta tarde desde as cinco e media, no Coirón Arena, un dos tres partidos aprazados polos seus confinamentos por casos de covid-19 que debe dirimir nos vindeiros oito días antes de encarar o inicio da segunda volta da Liga de División de Honra Prara Feminina. Un encontro co Carballal por rival que terá no banco a gran novidade nas filas locais. E é que Luis Montes deixou de ser o pasado luns adestrador do Asmubal Meaño. O vigués Juan Costas Muñiz, que a tempada anterior relevara a Cinthia Bello no mes de novembro, volve a Coirón para dirixir o cadro feminino ata o final do presente curso.

Un desencontro coa directiva no que non quixo afondar foi o que levou, contaba onte a presidenta do club, Silvia Lobato, a Montes a presentar a súa dimisión. «Foi unha decisión propia. Non foi destituído», quixo aclarar Lobato, que só tivo palabras de eloxio para o técnico saínte: «Queremos agradecer o seu traballo. É un gran profesional. Para o club supón unha gran perda. Era unha grande aposta, a longo prazo, non só para o equipo feminino, tamén a nivel de club».

O pontevedrés Luis Montes chegara o pasado verán ao Asmubal tras deixar de adestrar o Teucro de División Prata Masculina e vaise co cadro meañés no último posto con 2 puntos, lastrado polos dous confinamentos por covid-19.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Luis Montes dimite no Asmubal, que esta tarde xoga co Carballal con Costas de volta ao banco meañés