Xoel Otero firma a segunda mellor puntuación Sub-18 do Campionato Galego de Probas Combinadas por Clubs

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

O atleta da Mazí conseguíu 3.670 puntos firmando a súa mellor marca nas sete disciplinas da cita

30 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A pasada fin de semana celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego de Probas Combinadas por Clubs. E se ben a Agrupación Atlética Mazí non dispón inda de efectivos suficientes para competir cun equipo, viu como a Federación Galega de Atletismo convidaba a participar, de forma individual, a perla da súa canteira, Xoel Otero. E o arousán non defraudou.

Otero asinou a segunda mellor puntuación da categoría Sub-18, na que quedará oficialmente encadrado desde este venres, 1 de xaneiro do 2021. Fíxoo logo de sumar 3.670 puntos, tras acadar mellores marcas persoais en todas as disciplinas nas que competíu: 7.82 nos 60 metros lisos, 5.90 en salto de lonxitude, 9.10 en lanzamento de peso de 5 quilogramos, 1.63 en salto de altura, 9.09 nos 60 metros valados, 3.00 metros en salto con pértega e 3.19.08 nos 1.000 metros lisos.

Ademais, a Mazí contou con tres atletas no Campionato Galego Sub-14, con Daniel Varela e con Pedro Reino facendo as súas mellores actuacións no salto de lonxitude, cuarto e quinto, respectivamente, coa mesma marca de 4.66; e con Jairo Rey destacando no triplo salto, oitavo cun mellor rexistro de 8.42.