As oficinas de A Armenteira e A Illa renovan o distintivo Q que certifica a calidade turística

La Voz MEIS / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O informe subliña seis puntos fortes dos servizos certificados: a revisión do sistema de calidade, a atención os visitantes, o subministro de información, as fontes de información empregadas polos técnicos turísticos, os recursos humanos empregados, e a infraestrutura, instalacións e equipamentos

09 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A marca Turismo Rías Baixas continúa a reforzar o seu liderado na certificación de calidade turística. Un total de dez oficinas e puntos de información dispoñen xa do distintivo Q que concede o Instituto para a Calidade Turística Española de acordo coa norma UNE-ISO 14785. Entre eles, atópanse os puntos de información do mosteiro de A Armenteira, en Meis, e a oficina de A Illa.

Na auditoría deste ano, a rede acadou unha nota media global de 878 puntos sobre mil. O informe subliña seis puntos fortes dos servizos certificados: a revisión do sistema de calidade, a atención os visitantes, o subministro de información, as fontes de información empregadas polos técnicos turísticos, os recursos humanos empregados, e a infraestrutura, instalacións e equipamentos. O resto de categorías a exame, como o coñecemento e cumprimento da lexislación ou a organización do sistema de xestión de calidade, foron puntuados con notable.

O punto de A Armenteira, xestionado por Turismo Rías Baixas, da Deputación de Pontevedra, foi, xunto ás oficinas centrais, o primeiro servizo galego en conseguir o distintivo Q. A oficina de A Illa forma parte da rede Info Rías Baixas, creada no 2018 para a coordinación da oferta turística.