Los hosteleros de Vilagarcía rechazan las condiciones de la desescalada y anuncian medidas de protesta

La Voz

AROUSA

MONICA IRAGO

Afirman que quieren que les dejen trabajar y no que les den «esmolas como abrir ata as cinco»

02 dic 2020 . Actualizado a las 20:44 h.

En un sector que estaba ya muy contrariado por las duras medidas que les han afectado con especial incidencia, la hoja de ruta de la desescalada que ha anunciado la Xunta, más que apaciguar a los hosteleros ha conseguido soliviantarlos decididamente. La plaza de A Peixería fue el lugar escogido para realizar una reunión en la que quedó patente el malestar que reina en la hostelería vilagarciana, que le pide a la Xunta que busque culpables en otro lado por la extensión de la pandemia, y que anuncia movilizaciones en el siguiente comunicado de prensa.

1. Nos non somos os culpables

«Os hostaleiros queren chamar a atención sobre a contradición que supón o feito de que agora mesmo existan máis casos de covid-19 en Vilagarcía que cando se decretou o peche dos seus negocios. Ante esta situación os hostaleiros solicítanlle ás autoridades que busquen culpables noutro lado, porque queda claro que o problema non é a hostelería».

2. Queremos traballar, non esmolas

«Houbo unanimidade na reclamación por parte dos hostaleiros vilagarciáns de que o que o sector e os seus profesionais precisan é que nos deixen traballar, non que nos dean esmolas.Esmolas como a concesión por parte da Xunta dunha autorización apara abrir ata as 17 horas». De hecho, una parte de los asistentes a la reuniones ya anunciaron que van a optar por seguir cerrados y sumarse así a la campaña impulsada en otras cudades bajo el lema «para pechar ás cinco, xa nin abrimos». Otros anunciaron que a partir del viernes, en tanto no varíen los horarios y los aforos, seguirán manteniendo únicamente los servicios de take away. Alguno anunció que sí abriría dada la complicada situación económica.

3. Reducción da presión tributaria

«Os hostaleiros de Vilagarcía reclamarán das Administracións local, autonómica e estatal, segundo lle corresponda, unha redución da presión tributaria. No caso da máis achegada ao sector, o Concello de Vilagarcía, solicitaran que para facer fronte a aquelas taxas que por cuestións legais non se poidan deixar de pasar ao cobro, o Concello habilite unha liña de axudas directas».

4. Contactos coas forzas políticas

«Os hostaleiros reunidos, a xeito de plataforma do sector, emprenderá unha serie de contactos con representantes de todas as forzas políticas con representación na cidade para facerlle chegar as súas demandas e para escoitar o que eles nos teñan que dicir, que tamén é importante».

5. Peche simbólico xunto co comercio

«Os hostaleiros manterán nos vindeiros días unha reunión coa asociación de comerciantes Zona Aberta para realizar un peche simbólico (en día e tempo aínda por definir) que axude a visibilizar de cara á cidadanía e ás autoridades o que sería unha Vilagarcía sen hostelería nin comercio. Que é o camino que levamos».

6. Solicitar o retraso do toque de queda

«Os hostaleiros tamén acordaron dirixirse á Xunta de Galicia para solicitar que o toque de queda, que actualmente entra en vigor ás 23 horas, poida retrasarse ata ás 00 horas, en tanto dure o estado de alarma. Os hostaleiros recordan que a Xunta ten na actualiodade competencia para tomar esta decisión».

7. Axilizar as axudas

«Os hostaleiros reclaman tanto da Xunta como do Goberno de España que se solventen as actuáis dificultades existentes para cobrar as axudas que lles corresponden tanto por cese de actividade como os Erte dos seus traballadores.Os hostaleiros tamén esixen medidas de rescate para o sector que sexan eficientes, áxiles e reais. Neste sentido lembran que a Xunta anunciou un paquete de axudas para a hostelería cando se decretou o último peche e nunca máis se volveu saber delas, a pesar dos inxentes gastos que conleva manter os negocios pechados dende entón».

8. Maior acción policial

«Os hostaleiros de Vilagarcíua solicitan unha maior vixianza por parte das forzas de seguridade á hora de velar polo cumplimento das normas sanitarias impostas. Neste sentido critican que se faga, como se chegou a facer, unha persecución sen cuartel aos negocios hostaleiros en tanto que en outros ámbitos a permisividade é absoluta. Non pedimos que os demais non poidan traballar. O que queremos é traballar todos e nas mesmas condicións».