Cambados tamén financia bonos para comprar no comercio local

Por cada 20 euros de gasto, o cliente poderá consumir 30. A campaña arrinca hoxe co lema 3x2


Cambados

Cambados súmase ás iniciativas para incentivar as compras no comercio local mediante o reparto de vales bonificados. En Vilagarcía xa se puxo en marcha este sistema no verán e repiten no Nadal baixo o título Son da Casa!. En Cambados recorren ao lema 3x2 e o funcionamento é similar.

Por cada 20 euros de gasto, o cliente recibirá vales por valor de 30 euros, asumindo os 10 euros restantes a asociación de comerciantes Zona Centro, que fai esta proposta da man do Concello de Cambados e de La Caixa. Para beneficiarse de esta campaña os interesados deberán adquirir os vales na sede da asociación, situadas e Rúa Nova ou chamando ao número 986 520 902, ou nas oficinas de Seguros Juan Rey e Seguros J Noval. Tamén se poderán facer reservas a través da páxina web da asocición www.cambadoszonacentro.

O obxectivo desta iniciativa é «contribuír á reactivación dos sectores comercial e hostaleiro de Cambados, incentivando a compra nos establecementos asociados para axudar deste xeito á superación dos efectos secundarios provocados pola pandemia provocada polo covid-19».

A campaña arrincou este martes e estará vixente ata o 5 de xaneiro. A organización aporta 6.000 euros o que fará posible a emisión dunha partida de 600 lotes de vales compra por valor de 30 euros, repartidos en tres vales compra de 10 euros cada un deles. «Deste xeito, asegúrase un investimento de 18.000 euros que repercutirán directamente nos establecementos asociados a Cambados Zona Centro», segundo informan desde o Concello.

A campaña foi presentada na praza do Concello, ao pé dun carro tirado por renos, coa presenza de do presidente da asociación, Juan Rey, os concelleiros Xurxo Charlín e Fernando Patricio e Laura Mascato en representación de La Caixa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Cambados tamén financia bonos para comprar no comercio local