«A xente quere que empece xa a decorar, pero terei que pedir axuda»

Antonio Garrido Viñas
antonio garrido MEIS / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Unha rotura fibrilar complícalle a Montse decorar a súa tenda este ano, pero os seus clientes insisten e seguro que o fará

17 nov 2020 . Actualizado a las 09:54 h.

Autoservicio Montse leva xa uns anos atendendo os veciños no Mosteiro. E leva tamén xa uns anos Montse Blanco, que é a súa propietaria, adornando a tenda tanto para o Samaín como para as Navidades. E, con premio, porque gañou o concurso de escaparatismo que fixo o concello de Meis. Unha pequena lesión complícalle a decoración da tenda este ano, pero seguro que acaba facéndoo, aínda que sexa con axuda. O Concello de Meis xa abriu o prazo para que todos os que queiran podan anotarse na segunda edición do concurso. Para participar haberá que comunicalo antes do 2 de decembro.

-¿Cantos anos leva adornando a tenda?

-Nas Navidades xa hai oito ou nove anos. Para o Samaín, non tanto, irán cinco anos ou así.

-Pasa o seu traballo, porque tiña moitos detalles a tenda tanto en Navidades como no Samaín...

-Por dentro, con isto da covid, xa non puxen case nada para o Samaín, pero por fora si que quedou moi ben.

-E parece que lle gustou á xente.

-Si. Xa me andan a presionar porque queren que empece a adornar para Navidad, pero teño unha rotura fibrilar e non podo. Vou ter que pedir axuda. A verdade é que á xente encántalle, sobre todo os nenos. Xa me din que si lle faltan os adornos na tenda falta medio pobo.

-Non sei se esperaba gañar o concurso...

-Esperar non o esperaba... pero todo o mundo me dicía que gañaría eu. Pero quedou moi igualado, tiven que andar esixíndolle o voto os clientes (ri).

-¿E como vai o negocio con isto da covid?

-Vai indo, pero non é o mesmo. Andamos todo o mundo igual. Nós, por exemplo, temos moito cliente de Curro, que con isto dos peches non poden vir e iso fréanos moito. Sobreviviremos, pero non é o mesmo.