Bea Campos, Quico Cadaval e Xurxo Souto dan vida os «Contos no Camiño»

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

ADRIÁN BAÚLDE

Tres grandes da escena galega chegan ao auditorio o domingo, nunha sesión que só require reservar  unha butaca

13 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Maia o transcorrer de séculos e séculos de cultura escrita, a narración oral continúa gardando un segredo especial ao que resulta moi complicado resistirse. Sobre todo se son tres grandes da escena galega quen se encargan de dar voz a todo o que se ten que contar. O domingo, en Vilagarcía, Bea Campos, Quico Cadaval e Xurxo Souto darán vida a Contos no Camiño, unha sesión que, como cabe agardar do seu título, se desenvolverá a base de relatos inspirados no Camiño a Compostela. E non de calquera xeito, xa que o humor e a crítica forman parte imprescindible deste particular corpus de contos.

Contos no Camiño comezará ás sete da tarde, coas consabidas restricións debidas ao coronavirus. As entradas son libres e de balde, pero deben ser reservadas con antelación na páxina www.woutick.es. Facendo da necesidade virtude, cabe subliñar, un factor atraínte: será como as antigas reunións en torno á lareira, xa que só trinta persoas poderán asistir ao auditorio.