Sarabela Teatro trae a Vilagarcía o sábado «A lingua das bolboretas»

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

BASILIO BELLO

As restricións da pandemia limitan a trinta as butacas dispoñibles, que xa están esgotadas.

11 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O relato de Manuel Rivas, convertido en película por José Luis Cuerda, foi tamén traducido á escena por Sarabela Teatro. «A lingua das bolboretas», a tráxica historia dun neno do rural galego e o seu mestre republicano, chega o sábado ao auditorio de Vilagarcía. As restricións da pandemia limitan a trinta as butacas dispoñibles, que xa están esgotadas.