A Federación concédelle os aprazamentos ao Asmubal

O club meañés debe conseguir agora cos seus rivais o difícil encaixe de datas para xogar antes do final da primeira volta, o 20 de decembro


vilagarcía / la voz

Coas 21 xogadoras, técnicos e oficiais do Asmubal de División de Honra Prata Feminina na recta final do seu confinamento polo positivo dunha balonmanista, o club meañés traballa coa tranquilidade que dá saber que a Real Federación Española de Balonmano aceptou, como cabía esperar, a súa solicitude de aprazar os partidos de Liga da semana pasada, coas de Luis Montes debendo visitar o Comercial Ulsa de Valladolid, e mais o da presente, no que lles tocaba xogar en Coirón co Salud Tenerife. Neste último caso, co cadro canario afectado por catro contaxios por covid-19.

O Asmubal e os seus rivais deben fixar novas datas para os choques. O problema, sinala a presidenta meañesa, Silvia Lobato, é a dificultade extrema de encaixar estes dous partidos, máis o aprazado coa S.AR. por condensación en Coirón, antes do 20 de decembro, cando pecha a primeira volta da Liga.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Federación concédelle os aprazamentos ao Asmubal