Un agasallo para os novos lectores de Vilagarcía

La Voz

AROUSA

CEDIDA

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vilagarcía entregou onte un libro a cada un dos alumnos de 5.º curso de Primaria

31 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vilagarcía entregou onte un libro a cada un dos alumnos de 5.º curso de Primaria dos colexios da capital arousá co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. Trátase de «Linda Guapa: cantos que contan», unha obra ilustrada con textos e poemas de Fina Casalderrey que se acompaña dun CD coas adaptacións musicais dalgúns deses textos e unha escolma de música popular galega. Na imaxe, os nenos do colexio de A Escardia.