Derrotas do Atlético Arousana e do Umia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Fixeron méritos para a lo menos colleitar o seu primeiro punto da tempada, pero pecharon a segunda xornada de Liga da Primeira Nacional feminina como a semana anterior, derrotados

27 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Fixeron méritos para a lo menos colleitar o seu primeiro punto da tempada, pero tanto o Atlético Arousana como o Umia C.F. pecharon a segunda xornada de Liga da Primeira Nacional feminina como a semana anterior, derrotados.

Un tanto en contra en xogada de estratexia e dous graves erros defensivos custáronlle ao Umia C.F. a derrota por 1-3 ante o Sárdoma. Un partido que se lle poñía de cara no minuto 24 coa execución dunha falta que a visitante Ainhoa Garlaza finalizou con gol en propia meta. O Sárdoma empatou no 34, adiantouse no 56 e sentenciou no 82.

O Atlético Arousana tamén se adiantou o domingo na súa visita ao Victoria F.C. en Santiago, da man de Arufe nunha contra no 25. Só que no seu caso o rival lle replicou ao minuto, facéndose coa vitoria de penalti no minuto 82: 2-1.