O Arousana visita o campo do Victoria F.C. e o Umia recibe o Sárdoma

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Vilagarcianas e ribadumienses buscan o seu primeiro triunfo na Liga

25 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Atlético Arousana desprázase esta mañá ao campo santiagués de Santa Isabel para xogar (11 horas) o seu segundo partido de Liga de Primeira Nacional. Faino coa difícil tarefa de abrir o seu casilleiro de puntos ante un Victoria F.C. que se estreaba a semana anterior goleando, 1-5, o Valladares.

O equipo vilagarcián, que oito días atrás caía 0-3 co Viajes Interrías, viaxa sen Belén nin Caamaño, e con Caro con molestias. O seu adestrador, Nando, salienta a necesidade de «evitar todo tipo de perdas e aproveitar as nosas ocasións» ante un adversario que «con espazos fai moito dano e as ocasións que xera, méteas».

Ás 17 horas o Umia debuta ante a súa afección na Bouza recibindo a un Sárdoma que tamén perdeu na xornada inaugural, 1-2 co Victoria C.F.

O equipo que adestra Edu González precisa un bo resultado co que borrar o aplastante 9-0 encaixado polo Umia de mans do Deportivo B. Faráo coas 18 xustas, ante as baixas de Pipa na portería, de Yoli Martínez, por enfermidade, e de Alba Barral e Yoli Piñeiro, por traballo.

O técnico do conxunto ribadumiense salienta do Sárdoma a veteranía do seu cadro de xogadoras e que se trata dun colectivo ao que lle gusta «saír co balón controlado desde atrás, combina ben e abre o campo». Condicións que reforza coa necesidade anímica de sumar o primeiro triunfo.