Román Rodríguez abriu a lectura pública de Valle-Inclán que inaugura a Semana da Cultura

La Voz VILANOVA / LA VOZ

AROUSA

CONCELLO

Para a vindeira semana están previstas ofrendas florais, charlas e teatro

24 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Os actos da Semana da Cultura de Vilanova, artellada arredor da figura de Valle-Inclán, teñen que adaptarse desta volta ás esixencias do covid-19. Onte botou a andar o programa, cunha lectura pública que se viu moi reducida debido ás circunstancias sanitarias. O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, foi o encargado de darlle voz a Luces de Bohemia, ao fío das nove e media da mañá. Logo, tomaron o relevo o alcalde, Gonzalo Durán; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Políticas Culturais da Xunta... O evento tivo lugar no Xardín Umbrío. Dende alí, Gonzalo Durán preguntouse que tería que dicir Valle-Inclán sobre a crise do covid-19. «Todo esto daba para un buen esperpento», dixo o rexedor vilanovés.

A lectura pública foi o primeiro dos eventos programados nesta cita cultural á que Vilanova non quixo renunciar. O vindeiro mércores terá lugar a segunda cita, unha ofrenda floral.

De cada á vindeira fin de semana, organizaranse varias charlas temáticas na igrexa da Pastoriza, todas elas arredor da figura do escritor vilanovés. O prato forte do programa é a representación da peza El alma de Valle-Inclán, que se nada o impide chegará ata Vilanova da man de Rafael Álvarez, el Brujo.