Valga entra na liña de axudas para reforzar o servizo eléctrico dos parques industriais

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

16 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta destinará 4 millóns de euros á liña de axudas para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais galegos, entre os cales se inclúe o de Valga.

En total, prevese mobilizar 5,2 millóns de euros a través destas iniciativas que contribuirán a garantir a seguridade e a calidade do servizo, unha vella demanda por parte das empresas. As axudas concedidas aos oito concellos participantes no plan cubrirán de media o 77 % do investimento e poden beneficiarse de anticipos de ata o 50 %. «Esta actuación complementa outras axudas postas en marcha para apoiar os parques empresariais galegos. En concreto, este ano tamén se destinan 2,5 millóns de euros en 33 proxectos que melloran as infraestruturas de 29 parques en 28 concellos galegos e 1 millón para a construción de cinco viveiros industriais», segundo informa o Goberno galego.