O Ribadumia pelexará a praza na Copa do Rei o 11 de outubro no San Lázaro

O partido comezará ás 17.30 horas e xogaráse a porta pechada


vilagarcía / la voz

A Real Federación Galega de Fútbol despexou onte a incógnita. O C.D. Ribadumia e o Viveiro C.F. xogarán o domingo 11 de outubro, a partir das 17.30 a porta pechada no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, Santiago, a final para dirimir o campión absoluto da Preferente Galicia 2019/20. Un título premiado cunha praza na Copa do Rei, á que ten dereito o mellor equipo da primeira categoría autonómica de cada comunidade.

Neste sentido, desde a Federación Galega lembraban onte que o gañador do C.D. Ribadumia-Viveiro C.F. «entrará a todos os efectos na primeira eliminatoria da Copa do Rei» e «coa seguridade de xogar contra un equipo profesional». A única excepción, os conxuntos da Primeira División en competicións europeas, exentos da primeira serie de cruces do torneo do k.o.

No tocante ao cadro aurinegro, o valor do choque do 11 de outubro medra en tanto será o único encontro que dispute antes do seu debú ligueiro, sete días despois, no campo do Ourense C.F. Unha decisión da súa directiva, destinada a reducir ao mínimo o risco de contaxios de covid-19 dos seus xogadores. A súa contrapartida, o endurecemento da entrada do equipo de Luis Carro nunha Liga na que se xogará boa parte das súas opcións de permanencia nos primeiros 6 meses da tempada.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Ribadumia pelexará a praza na Copa do Rei o 11 de outubro no San Lázaro