Unha ducia de bateis arousáns disputan o Campionato Galego

Mecos parte con tres barcos favoritos e Amegrove cun


vilagarcía / la voz

Nun ano ordinario o remo galego atoparíase de vacacións desde mediados deste mes. Mais a pandemia do covid-19 obrigou a mudar usos e costumes. Como pechar a tempada vendo a resolución do curso da embarción que cada ano copa os primeiros meses de competición, o batel.

Entre hoxe e mañá domingo as augas da Pobra do Caramiñal dirimirán o nome dos campións galegos das dez categorías do barco benxamín do remo de banco fixo. Cunha ducia de bateis dos tres clubs da banda sur da ría de Arousa figurando nos listaxe das saídas desta tarde, a partir das catro e media, na xornada de clasificación para as finais da sesión matutina do domingo.

Dos tres, o club máis numeroso na Pobra do Caramiñal é o C.R. Mecos, cun representante en oito das dez categorías en lid. En tres delas, partindo entre os favoritos ao título e a facerse cunha das dúas -nalgunha categoría tres- prazas para o Campionato de España de Bateis, programado para a fin de semana que vén en Meira, Moaña.

Así, o escudo do C.R. Mecos voga hoxe como campión seis días atrás do Campionato Territorial Sur -disputado en Meira- nas clasificatorias xuvenil masculina e alevín e cadete feminina. Na primeira os seus rivais hoxe son Arealonga, Cabo de Cruz e Muros, co pase á final de mañá limitado aos dous primeiros barcos e mais ao terceiro mellor tempo das dúas quendas. Cabo de Cruz e Náutico de Riveira son hoxe os adversarios do batel alevín feminino grovense, e Tirán, Rianxo e Cabo de Cruz os do cadete feminino.

Ademais, o C.R. Mecos buscará o pase á final nas clasificatorias das categorías alevín masculina, á que accedeu como cuarta tripulación do Campionato Territorial Sur, infantil masculina, coa mesma posición, xusto por detrás do batel do C.R. Vilaxoán, que voga na outra quenda sabatina, na absoluta masculina, terceiro en Meira seis días antes; e na cadete masculina, chegando á Pobra do Caramiñal cun segundo posto provincial e coa tripulación de Amegrove, na outra quenda, co título do Territorial Sur. Tamén remará o barco xuvenil feminino do C.R. Mecos, pero no seu caso, na final directa de mañá, coa inscrición no Galego completada polas bancadas de Rianxo, de Tirán, de Muros e de Chapela.

A representación do sur da ría de Arousa no Autonómico desta fin de semana complétase coa presenza dos bateis de Amegrove e de Vilaxoán na primeira quenda infantil feminina, na que figuran como subcampión e bronce do Campionato Territorial Sur, respectivamente.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Unha ducia de bateis arousáns disputan o Campionato Galego