O C.D. Ribadumia comeza adestrar nun só grupo e non disputará amigables

O club incorporará varios xuvenís á dinámica do primeiro equipo para reforzar a súa posta a punto de cara ao inicio da Liga, o 18 de outubro


Ribadumia / La Voz

O C.D. Ribadumia recibíu onte os resultados dos test serolóxicos practicados aos integrantes do seu primeiro equipo. E todos, os dos 18 xogadores e seis membros do corpo técnico e auxiliar, deron felizmente resultado negativo en covid-19. Así as cousas, a directiva que preside Toño Serantes decidíu darlle luz verde ao adestrador vilanovés Luis Carro para avanzar un paso, e acabar de despegar un traballo de pretempada iniciado a semana pasada con tres sesións de exercicios sen contacto en grupos separados de nove futbolistas na Senra.

Onte os 18 xogadores con ficha no primeiro equipo do C.D. Ribadumia comezaron adestrar nun único grupo e con contacto, a falta xa dalgo menos dun mes para o inicio da Liga de Terceira División, fixado desde a Real Federación Española de Fútbol para o domingo 18 de outubro.

Sen descartar inda a posibilidade de acabar incorporando un mediocentro creativo que lle poida proporcionar un salto de calidade ao grupo, o C.D. Ribadumia opera nestes momentos coa idea de sumar varios futbolistas do seu primeiro equipo xuvenil ás filas dirixidas por Luis Carro. Álvaro (porteiro), Roberto (mediocentro) e Cavani (extremo esquerdo) serán os primeiros en canto superen os correspondentes test serolóxicos.

Co que non poderá contar o afeccionado do C.D. Ribadumia é con ver o seu equipo na Senra antes da Liga. O presidente do club informou onte de que, dada a actual situación epidemiolóxica, e a fin de minimizar o risco de contaxios entre os integrantes do seu primeiro equipo, «están descartados os amigables» esta pretempada.

CD Ribadumia y Viveiro acuerdan disputarse la plaza en la Copa del Rey a partido único

La situación epidemiológica y la falta de rodaje de los equipos, tras la decisión

En condiciones normales, la cuestión se habría dirimido no más allá de principios de junio, a doble vuelta con sendos partidos en los campos de cada uno de los implicados. Pero la pandemia del covid-19 ordena y manda. Hasta el punto de llevar al C.D. Ribadumia y al Viveiro C.F. a renunciar al factor campo y apostar por dirimir el nombre del campeón de la Preferente Galicia 2019/20 a un solo partido en terreno neutral.

El cuerpo, confiesa el presidente del club aurinegro, Toño Serantes, le pediría ni disputar la eliminatoria tal y como está la situación epidemiológica en estos momentos en Galicia. Pero en juego está una plaza en la próxima edición de la Copa del Rey.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O C.D. Ribadumia comeza adestrar nun só grupo e non disputará amigables