Greenpeace reivindica dende Vilagarcía que as rúas sexan para as persoas

S. G. VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A organización ecoloxista regresou onte á capital arousá logo da visita do Rainbow Warrior III, o ano pasado

20 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Vilagarcía, unha vila media en transformación cara un modelo sustentable de mobilidade, foi un dos lugares que onte escolleu Greenpeace para poñer en marcha a súa campaña reivindicativa baixo o lema As rúas para as persoas, con motivo da Semana Europea da Mobilidade. «Precisamos moito máis espazo para as persoas e menos para o coche», subliñou Manoel Santos, un dos activistas que o ano pasado visitaron a capital arousá a bordo do Rainbow Warrior III.

Potenciar o transporte público non motorizado, cunha paralela redución do emprego dos vehículos particulares, constitúe un elemento fundamental na loita contra o cambio climático nun país no que o 40 % da polución xérase a través de esta vía.

O grupo local de voluntarios de Greenpace converteron durante unas horas unhas prazas de aparcamento da Mariña nun espazo de uso cidadá, con libros e xogos de mesa, demostrando que o seu aproveitamento é posible, en beneficio do planeta e de cada un dos seus habitantes.