O vilagarcián Martín Rey finaliza 41º. no Campionato de España Júnior

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

Participou coa selección galega de ciclismo, na que tamén figuraba o seu veciño e compañeiro de club no C.C. Padronés Ismael Rodríguez

07 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Con Veloso dubidando se pospoñer a súa anunciada retirada un ano, ao final do 2021, ante a práctica ausencia de carreiras neste 2020 atrapado polo covid-19, Vilagarcía comeza a albiscar dous posibles relevos ao de Bamio no gran pelotón. Martín Rey e Ismael Rodríguez, corredores do C.C. Padronés, competiron onte no Campionato de España Júnior coa selección galega dirixida por Guillermo Sande.

Martín Rey, que este ano correra cedido a Vuelta al Besaya, a proba júnior máis prestixiosa do calendario español, conseguíu figurar entre os 79 corredores que remataron as catro voltas ao circuito rompepernas de Llucmajor, Mallorca, rematando tras 134 quilómetros no posto 41º., liderando a 57 segundos o segundo grupo tras o dos 40 ciclistas que disputaron ao esprint a vitoria. O valencián Juan Ayuso, cun contrato asinado xa co xigante Emirates, foi o agardado campión.