O rotundo atractivo da Vilagarcía dos ingleses

r. e. VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A nove días do roteiro literario guiado por Marcos Calveiro, xa se esgotaron os pases para o mesmo

05 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Dentro dos roteiros culturais organizados pola Deputación de Pontevedra, o domingo día 13 de setembro, o escritor Marcos Calveiro vai guiar un paseo pola Vilagarcía dos ingleses, a mesma na que el ambientou o seu libro «O xardineiro dos ingleses». Pois ben: as 24 prazas ofertas pola Deputación para participar nesta actividade xa se esgotaron. A rapidez coa que se cubriron as vacantes, di Ravella, «demostra, como xa acontecera o ano pasado, o gran interese que esperta esta iniciativa que trata de dar a coñecer as obras e aos escritores galegos, así como as vilas e espazos da provincia nas que se ambientan».

Este roteiro forma parte da oferta cultural da Deputación. E, como todo nesa oferta, este ano está suxeito as normas impostas pola situación sanitaria. Deste xeito, á hora de reservar praza os asistentes tiveron que dar os datos das persoas que acudirán a facer o percorrido. E durante o mesmo deberán seguir as normas de prevención do contaxio da covid-19 que, a estas alturas, xa todos deberiamos coñecer: máscara e distancia de seguridade.