Flores e palabras para lembrar a Cabanillas

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Esa foi a combinación utilizada polo Concello de Cambados para celebrar que se viñan de cumprir cen anos do ingreso do literato na Real Academia Galega

03 sep 2020 . Actualizado a las 10:05 h.

Flores e palabras. Esa foi a combinación utilizada polo Concello de Cambados para celebrar, onte pola noite, que se viñan de cumprir cen anos do ingreso de Ramón Cabanillas na Real Academia Galega. Outro cambadés membro dese mesmo órgano, Francisco Fernández Rei, e o escritor Emilio Xosé Insua, encargáronse de lembrar aquel momento histórico para a cultura da vila do albariño. Cabanillas formalizou a súa entrada na Real Academia Galega o 31 de agosto de 1920, nun acto celebrado en Mondariz. Naquela ocasión, falou o poeta da raza da «Saudade nos poetas galegos».