Carlos Núñez, en Pazo Baión 

La Voz

AROUSA

MARTINA MISER

A bodega ofreceu este venres unha cita de luxo para os amantes da música 

08 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O primeiro lugar máxico de Galicia. Así bautizou Carlos Núñez, o gaiteiro máis internacional do país, o conxunto de espazos que percorrerá na súa nova xira. A que arrincaba a última hora da tarde de onte nos xardíns de Pazo Baión. Sen dúbida, un escenario de beleza única que compendia o mellor da tradición e da modernidade de Galicia.