O Concello do Grove corta o subministro de auga aos lavapés das súas praias

p. penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O goberno local sostén que se usan de maneira abusiva e incorrecta

21 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai anos que o Concello do Grove adoptou unha medida polémica, se ben consensuada entre todas as forzas políticas con representación na corporación municipal, como foi a eliminación das duchas das súas praias. Unha decisión que buscou recortar o enorme consumo de auga por esta vía, nun concello con tantos problemas de abastecemento como o meco. Pois ben, onte o goberno local de José Cacabelos fixo público que vén de estender a racionalización, cortando tamén o servizo de auga aos lavapés.

O paso obedece, sostén o executivo municipal, á comprobación de que estes elementos tampouco estaban a ser usados racionalmente polos usuarios dos areais do Grove. En vez de empregalos para a retirada das areas dos pés antes de coller camiño do vehículo particular, no Concello son sabedores de que se tira dos lavapés desde para lavar xoguetes, material de surf ou mesmo roupa, ata coller auga en recipientes para limpezas máis amplas.

O Concello defende a súa decisión como unha medida ecolóxica, e como unha forma tamén de eliminar posibles focos de contaxio do covid-19.