Vilagarcía amplía o prazo para os campamentos

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Os interesados poden inscribirse ata o 15 de xullo

14 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Concellería de Xuventude amplía ata o mércores, 15 de xullo o prazo de inscrición no Campamento Urbano de Verán para nenos e nenas de 5 a 8 anos de idade que se celebrará durante o mes de agosto. O Concello ofertaba 49 prazas para o mes completo de actividade, pero habendo familias inscritas que so necesitan conciliar durante períodos de 15 días, permítese o acceso de máis cativos para cubrir as prazas non utilizadas no resto do período.

As actividades son de carácter gratuíto para familias cuxos proxenitores se atopen en situación laboral activa o en ERTE, dada a finalidade eminentemente conciliadora dos campamentos que organiza o Concello. Deste xeito, que non se apuntara na primeira das convocatorias que abriu Ravella pode facelo neste segundo prazo que mañá remata.

Como xa se dixo, os campamentos previstos para este verán seguirán un estrito protocolo de seguridade en relación ás normas de protección do coronavirus, como repartirse en catro sedes (A Lomba, Arealonga, Piñeriño e Filipense), traballar con grupos moi reducidos (de entre 5 e 7 nenos), e desenvolver as actividades en espazos ao aire libre sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan e, de non ser o caso, en zonas espaciosas e ben aireadas. Ademais, haberá un coordinador do protocolo covid-19 ara facer seguimento e controlar que se cumpran todas as normas.

As bases de participación xunto cos formularios de inscrición están dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.gal e na sede.vilagarcia.gal para quen queira obter máis información sobre os campamentos para os nenos.

Lista de admitidos

Por outro banda, xa se publicaron as listas de admitidos nos Campamentos Urbanos de Verán para a rapazada de maior idade. A inscrición acada os 33 participantes que se repartirán nas cos campamentos Multiaventura e Medioambiental, cada un dos cales terá un grupo de 8 a 11 anos e outro de rapaces de 12 a 16 anos de idade.

A primeira das actividades comeza a impartirse o 27 de xullo. As listas pódense consultar no taboleiro de anuncios de www.vilagarcia.gal.