As ANPA xa poden solicitar as axudas para o Plan Madruga do vindeiro curso

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A xunta local de goberno de Vilagarcía vén de aprobar as bases da convocatoria

07 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A xunta local de goberno aprobou as bases que rexerán a convocatoria das axudas ao Plan Madruga correspondentes ao ano 2020. A concellería de Educación subvenciona os programas organizados polas ANPA dos centros educativos coa finalidade de favorecer a conciliación das familias. As axudas ascenden a un máximo de 100 euros por mes completo de actividade e non se esixe un número mínimo de participantes no servizo. O prazo para solicitar as subvencións para o período comprendido entre xaneiro e o 15 de marzo está aberto ata o 16 de xullo. Posteriormente abrirase un novo prazo para realizar o trámite correspondente as Plans Madruga de setembro a novembro.

A concellería de Educación xa remitiu a todas as ANPAS do municipio a información e os formularios para tramitar as solicitudes. As especiais circunstancias deste ano, ao ter rematado a actividade a mediados de marzo, permite que as ANPAS poidan facer no mesmo trámite de solicitude a xustificación das actividades realizadas, co que se axilizará a aprobación e cobro das axudas.