Roberto Pazos e Óscar engordan a nómina de renovados na Senra

Ambos xogadores elevan a dez os nomes de quen acompañará o equipo na volta a Terceira


A directiva de Toño Serantes estivo o domingo do máis activa. Ademais de dar conta da actividade e do balance do club na máis estraña das tempadas que lle tocou vivir ao mundo do deporte por mor da pandemia do covid-19, e despois de informar do bo estado de saúde no que se atopa a nivel económico o club dentro das súas modestas marxes, os responsables do C.D. Ribadumia pecharon a última semana de xuño ampliando a nómina de futbolistas do primeiro equipo noutros dous nomes.

Roberto Pazos e Óscar elevan a dez os nomes dos xogadores que acompañarán o conxunto aurinegro de volta á Terceira División logo de contribuír ao seu ascenso exprés como campión do grupo sur da Preferente Autonómica. O veterán gardamallas cambadés e o novo mediocentro da Arousa sumánse aos anteriormente renovados Miguel Vázquez, Fran Fandiño, Santi, Eloy Conde, Monchito, Diego Abal, Paco e Cheri.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Roberto Pazos e Óscar engordan a nómina de renovados na Senra