Os padexeiros volven competir xa, e a Baixada do Umia será o 17 de outubro

A federación galega anuncia o novo calendario


vilagarcía / la voz

A Federación Galega de Piragüismo anunciou onte o novo calendario de competición aprobado pola súa comisión delegada. Dúas ducias de probas en augas galegas, entre autonómicas e estatais, co pistoletazo de saída este sábado en cadansúa regatas das Ligas Provinciais de Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns de Pontevedra e de Lugo. En xornada de mañá e de tarde, cuns 250 inscritos na cita que se disputará en Verducido, a primeira en Galicia desde o control contrarreloxio sobre 2.000 metros do 22 de febreiro.

Tres son as regatas confirmadas en Arousa neste novo calendario comprimido. A primeira, en Catoira o 1 de agosto, segunda en orde da mencionada Liga Provincial. As outras dúas terán como escenario O Grove, o 12 de setembro a cita que pechará a competición provincial de prebexamíns, benxamíns e alevíns, e o 5 e 6 de decembro, penúltima regata do calendario, a Ocean Race da Lanzada-Portonovo.

Desde a Fegapi sinálase que varios clubs quedaron pendentes de confirmar algunha proba máis. Entre eles, o Náutico O Muíño de Ribadumia, que está á espera de coñecer os apoios económicos que o Concello e a Deputación están dispostos a achegar a unha Baixada do Umia que se debera ter disputado este mes de xuño, e que o club pretende celebrar agora o 17 de outubro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Os padexeiros volven competir xa, e a Baixada do Umia será o 17 de outubro